Máis de 100 penados realizaron servizos á comunidade a través do Concello
Ata o día de hoxe, un total de 108 penados/as cumpriron as súas penas con servizos á comunidade dentro do convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e Institucións Penitenciarias. O programa municipal de cumprimento de penas coordínase desde a Oficina Municipal de Voluntariado.
Se durante 2005 cumpriron as súas penas nos servizos municipais un total de 36 persoas, no que vai de 2006 xa o fixeron 46 penados, que se distribúen da seguinte forma: 31 en Parques e Xardíns, 10 en Limpeza, tres en Vigozoo, un en Xuventude e outro no Instituto Municipal de Educación (IME).
O 25 de maio deste ano presentouse a proposta para modificar o programa municipal para a xestión do Cumprimento de Penas en Beneficio da Comunidade e para amplialo dando entrada aos servizos de Electromecánicos e de Vias e Obras.