Escoitar
MUSEO QUIÑONES DE LEÓN

O Xardín Inglés do Pazo de Castrelos renova o seu aspecto

O concelleiro Ignacio López Chaves visitou a mañá do luns o Xardín Inglés do Pazo de Castrelos para comprobar as melloras na zona. O concello aportou 125.000 euros para rehabilitar dous muros laterais do espazo axardinado que estaban danados e causaban unha gran perda de auga.

luns, 24 xul 2006
1153740898xardin.JPG
O Concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves
As obras remataron en xuño deste ano ante a necesidade de rehabilitar o estado ruinoso no que se encontraba o estanque. O Servizo de Patrimonio Histórico alertou en abril de 2005 da situación da zona, onde se encontraban dous muros laterais do xardín danados, o que ocasionaba perdas de auga que afectaban a unha gran parte do muro de contención que soportaba o xardín.

O proceso de rehabilitación comezou en febreiro e consistiu na formación dun vaso de formigón armado que resista o empuxe das raíces das árbores próximas, así como, a restauración da maqueta do Pazo Quiñones de León, situada no centro do estanque e a zona da pradeira das inmediacións. Esta rehabilitación, por de falta de mantemento, únese ás que se realizaron no pazo o longo deste ano e o pasado. No conxunto das obras o Concello de Vigo invertiu cerca de 900.000 euros.

Na sesión ordinaria do 12 de setembro de 2005, o pleno do Concello de Vigo aprobou unha modificación orzamentaria que incluía a rehabilitación do muro do estanque de Castrelos, por un importe de 150.000. A Xunta de Goberno Local, en decembro do ano pasado, aprobou a adxudicación por concurso a Norvial e Hidroscivil por unha cantidade que ascende a máis de 125.000 euros, de acordo co proxecto de execución aprobado en novembro de 2005.





1153740898xardin.JPG
1153740941peces.JPG
Descargar todas as imaxes