Escoitar
Circulación Viaria

Bando transporte escolar<br /> Tramitación da autorización municipal para o curso 2006-2007

<br />

venres, 21 xul 2006
De conformidade có disposto no artigo 3 da Ordenanza municipal reguladora do transporte regular especial de uso escolar, aprobada definitivamente polo Pleno municipal en sesión de 11/09/1992, lémbrase ós titulares das empresas de vehículos adicados á realización do servicio de transporte escolar, que antes do comenzo do próximo curso 2006-2007 (setembro 2006), deberán dispor da oportuna autorización municipal.

A fin de poder tramitar tódalas autorizacións antes do comenzo do próximo curso, concédese un prazo de (20) vinte días para que presenten no Rexistro Xeral do Concello, as correspondentes solicitudes cos documentos esixidos no anterior artígo, e demáis lexislación de aplicación.

Recórdase que a documentación que se achegará coa solicitude é a seguinte:
- Relación de vehículos que, con carácter principal ou suplente se pretendan adicar á prestación do servicio, cumprindo os requisitos establecidos no Real Decreto 443/2001, do 27 de abril.
- Tarxeja de Inspección Técnia de Vehículos, acreditativa de que os vehículos teñen pasadas as revisións regulamentarias e cumpren as prescripcións legais vixentes relativas a transporte escolar.
- Permiso de circulación dos vehículos a nome do/da solicitante da autorización do transporte, ou título que, segundo o establecido no art. 48.1 do regulamento de ordenación do transporte terrestre, outorgue a disponibilidade sobre este.
- Contrato co centro escolar no que quede perfectamente determinado o itinerario e o número de paradas solicitadas, duración do servicio e horarios de realización.
- Póliza de seguros de responsabilidad civil ilimitada, e recibo actualizado, que cubra os danos e perdas que poidan chegar a sofrir, as e os viaxeiros transportados en cada vehículo adscrito ó servicio.
- Esbozo a escala 1:10000 en formato UNE A-4, onde se identifique o itinerario e as paradas.
- Autorización de Transporte Público outorgada pola Delegación de Transportes da Xunta de Galicia.
- Poderá substituirse a presentación da documentación esixida nos apartados 2. 3. e 5. por un certificado da Delegación de Transportes da Xunta no que se faga constar que os vehículos -relacionando as matrículas- son idóneos para realizar servicios de transporte escolar.




Recórdase así mesmo, que os itinerarios e paradas haberán de axustarse ás que foron aprobadas e figuran como Anexo I da devandita Ordenanza.

Calquera dúbida pode ser consultada na Ärea de Mobilidade e Seguridade en horario de 9.00 a 13.30 horas. Tfo. 986810121.