Escoitar

O Concello traballa para enviar "na próxima semana" a documentación solicitada sobre o Plan Xeral

O alcalde accidental, José Manuel Figueroa, afirmou hoxe xoves que o Concello e o equipo redactor do Plan Xeral están a traballar co obxectivo de enviarlle "na próxima semana" á Xunta "toda a documentación solicitada" con respecto a este documento, para que a administración autonómica faga unha valoración definitiva sobre a súa aprobación provisional.

xoves, 20 xul 2006
1153397669xeren200706.jpg
Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo
Despois da reunión do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, José Manuel Figueroa informou da chegada ao Concello, onte mércores, do informe sectorial de Costas do Estado, organismo que depende do Ministerio de Medio Ambiente. Este informe, o último en ser recibido, foi definido polo alcade accidental como "favorable con matices".

Consello da Xerencia

Na xuntanza do Consello da Xerencia, os representantes dos grupos políticos acordaron proporlle á Xunta de Goberno Local a normalización de predios da "UNP 4" do PERI IV-01 San Roque A, e a desestimación de dúas solicitudes de reversión de terreos. No primeiro caso, trátase dun terreo cedido para a ampliación de viais no lugar de Verdeal (Coruxo). O segundo acordo refírese a un terreo cedido para a ampliación de viais na rúa Tomás Alonso.
Descargar todas as imaxes