Escoitar
BENESTAR SOCIAL

Un campamento con aires novos

O departamento de Benestar Social do Concello de Vigo organiza un campamento urbán para a mocidade con discapacidade psíquica. Un proxecto que presenta alternativas ao tempo libre e ao disfrute para rapaces de 9 a 21 anos.

mércores, 19 xul 2006
1153311023Colegiosaladino.jpg
Alumnos do C. E. E "Saladino Cortizo"
A Delegada de Participación Cidadá, Marta Iglesias, visitou hoxe mércores o campamento para nenos e nenas con discapacidade no Centro de Educación Especial "Saladino Cortizo". Benestar organizou por segundo ano consecutivo este campamento urbán co fin de ofertar a estes rapaces alternativas para o seu tempo libre, como ao resto da xuventude da cidade, neste caso tendo en conta as súas necesidades especiais e a dificultade que teñen as súas familias para o seu coidado. O Concello aportou para este proxecto un cantidade de 4.500 euros.

No campamento participan profesionais da Fundación IGUAL ARTE, unha entidade con experiencia laboral neste ámbito. As actividades lévanas a cabo profesores de música, danza, educación especial, ocio e tempo libre.

Este espazo lúdico pontenciará as actividades con 21 rapaces de 9 a 21 anos durante dúas semanas; dende o pasado luns 17 ata o 28 de xullo, de 10.00 a 14.00 horas, nas instalacións do Colexio de Educación Especial "Saladino Cortizo".


Descargar todas as imaxes