Escoitar

Marta Carbayo actúa na praza da Estrela e clausura o VII Verán de Teatro

As noites do Verán de Teatro chegan o seu fin. O mércores, ás once da noite, a praza da Estrela acollerá o "Cantaclown" de Marta Carbayo, unha personaxe coa que a actriz viaxou por medio mundo repartindo sorrisos.

martes, 18 xul 2006
Marta Carbayo vive actualmente en Dinamarca, dende onde desprázase ao resto do mundo para actuar.

"Cantaclown" é unha pallasa internacional, cunha persoalidade que foi medrando aos poucos, grazas as aportacións de mestres coma Claudia Pellegrini, Kevin Brookling ou Alain Gautre.

O Verán de Teatro está sendo un éxito, enchendo cada noite as setecentas cadeiras que se poñen na Praza da Estrela para o público.