Escoitar

XI Maratón Fotográfico

Desde o día 17 e ata o 21 e xullo está aberta a inscrición para todas aquelas persoas que desexen participar no XI Maratón Fotográfico, organizado pola Agrupación Fotográfica Galega. O concurso terá lugar o próximo día 23 de xullo na praza do Rei e forma parte da programación das festas do Cristro da Victoria.

luns, 17 xul 2006
1153137505fcristo06.jpg
A inscrición deberá formalizarse na sede da Asociación, na rúa Uruguai 17, entrechán, de Vigo ou o mesmo día do maratón, na Praza do Rei, entre as 9.30 e as 11.00 horas da mañá. O custe da inscrición é de seis euros, e o número máximo de participantes será de 200.

Este ano poderase participar con cámara de fotos dixital. En categoría analóxica, o primeiro premio será de 900 euros, o segundo de 500, e o terceiro de 200. En canto á categoría dixital, o gañador recibirá 400 euros, e o segundo clasificado 250.

O maratón comezará o día 23 de xullo ás 11 da mañá, hora a que se fará o control de saída. Os participantes deberán fotografar catro temas, que serán facilitados pola organización. A entrega do carrete ou cd coas fotos deberá facerse entre as 23.00 horas e as 00.00 horas, na praza da Constitución. Despois farase unha exposición coas fotos seleccionadas pola organización, e o xurado dará o seu veredicto o día da inauguración desa exposición.

Pode pedirse máis información na Agrupación Fotográfica Galega, na rúa Uruguai 17, entrechán, de Vigo. Teléfono 986 43 90 96.
Descargar todas as imaxes