O Goberno denuncia o "boicot" do grupo socialista ás comisións municipais
O alcalde accidental, José Manuel Figueroa, denunciou hoxe venres a "actitude obstruccionista" do grupo municipal do PSdeG-PSOE nas comisións de seguimento do Concello. Por este motivo, anunciou Figueroa, o Goberno local deixará de "perder o tempo" e só acudirá a aquelas comisións a que estea obrigado a ir por lei.
José Manuel Figueroa afirmou que o actual Goberno, desde que se constituiu, caracterizouse pola "procura de consenso" entre os grupos municipais para os grandes proxectos de Vigo. "Nunca se constituíron nin convocaron tantas comisións", engadiu.
"Pero nas últimas semanas", continuou Figueroa, o grupo municipal do PSdeG-PSOE embarcouse nunha "campaña electoral permanente", polo que "dificulta a busca de acordos" e fai, deste xeito, que as comisións deixen de ser operativas. Entre estas comisións están a dos novos aparcadoiros, a de mobiliario urbano e a da depuradora.
O alcalde accidental subliñou que os grupos municipais do BNG e do PG, en cambio, "seguen colaborando" a pesar das súas discrepancias.
Porén, a actitude do PSdeG-PSOE, dixo Figueroa, leva o Goberno local a "reconsiderar a súa forma de actuar", polo que non acudirá ás comisións a que non estea obrigado a ir por lei. O alcalde accidental quixo deixar claro que o Goberno municipal buscará o acordo onde e ata onde sexa posible, pero que seguirá gobernando a cidade para levar a cabo os "grandes proxectos" de Vigo.
Descargar todas as imaxes