Propoñen o arquivo de oito modificacións puntuais do PXOM vixente
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle hoxe xoves ao Pleno a conclusión e arquivo de oito procedementos de modificación puntual do Plan Xeral de 1993. Estes procedementos iniciáronse a raíz de acordos do Pleno e do Consello da Xerencia e sobre eles aínda non se dictou a correspondente resolución xudicial.
As modificacións puntuais fan referencia a Mohasa (Coruxo), a parcela de Cordelerías Mar, o PAU 4 "A Garrida", o contorno do Estadio de Balaídos, a ampliación do parque tecnolóxico e loxístico de Vigo, as entreplantas da UE I-05 Rosalía de Castro, a unha parcela sita en Mide (San Miguel de Oia) e a actuacións en Cabral e Bembrive.
Recepcións de obras
Por outra parte, a Xunta de Goberno deberá decidir sobre a proposta favorable do Consello da Xerencia respecto á recepción parcial das obras de urbanización do Plan Parcial O Pombal-San Pedro de Sárdoma e de ensanche e mellora do firme do camiño Baixada á Pontenova. Tamén propuxo o Consello da Xerencia a recepción das obras de urbanización do Plan Parcial Cambeses.
Alleamentos
Finalmente, o Consello da Xerencia abriu os procedementos de adxudicación por concurso do alleamento do aproveitamento urbanístico atribuído ao Concello no PERI IV-01 de San Roque, para usos comerciais-terciarios e para usos resindenciais. Os terreos divídense nun primeiro lote de case 1.200 m2, un segundo de máis de 1.100 e un terceiro, incluído soamente no alleamento para usos comerciais-terciarios, duns 3.800 m2. O tipo de licitación total será de algo máis de tres millóns de euros.
Descargar todas as imaxes