Galiexpotuning aspira a converterse na referencia do Norte peninsular coa súa segunda edición
Tras o éxito obtido na súa primeira edición, Galiexpotuning acometerá do 21 ao 23 de xullo próximos no IFEVI a súa segunda edición, coa que espera confirmarse como o referente do sector do tuning no Noroeste peninsular.

En 2005 foron 68.000 os visitantes que recibiu Galiexpotuning nos tres días que permaneceu aberta en Cotogrande, unha cifra que se espera superar con creces este ano. Para iso, a organización potenciou o apartado de expositores, que contará con máis de 100 participantes, así como o de espectáculos e concursos, cos que espera conseguir unha maior participación dos afeccionados.
Galiexpotuning suporá un negocio de arredor de 3 millóns de euros e cóntase con que atraia, como sucedeu o ano pasado, afeccionados de toda España, Portugal e tamén doutros países europeos. A superficie da exposición ampliarase para poder acoller as marcas máis importantes do sector a nivel europeo.
A edición de 206 concíbese como unha "festa do tuning" que se prolongará ininterrompidamente durante 72 horas, desde as 10:00 horas do venres 21 ata as 20:00 do domingo 23:00. Coches rodando sobre dúas rodas, dando reviravoltas controladas e queimando pneumáticos darán paso ao espectáculo das incribles acrobacias realizadas por especialistas sobre motocicletas tuneadas. A festa será amenizada por DJ’ e gogós, e contará como novidade con "A noite das meigas", o sábado de 22:00 a 24:00, un espectáculo dde luz e son con performances e exhibicións arredor dunha gran queimada.
Outra das novidades desta edicións será a de tunear un coche da rúa, pertencente a algún dos asistentes á exposición, durante os tres días que durará o evento.
Durante a presentación de Galiexpotuning, hoxe mércores, o alcalde en funcións, José Manuel Figueroa, destacou a idoneidade de Vigo para este acontecemento, xa que é "unha cidade moi ligada ao automóbil" e ten acceso a unha poboación de seis millóns de persoas a unha hora e media por autoestrada.
Descargar todas as imaxes