O Marco presenta o programa de talleres infantís "Olladas do revés"
"Ollar as cousas dende puntos de vistas diferentes" é o que pretende acadarse co programa de talleres segundo a responsable de Comunicación do Marco, Marta Viana. As actividades formarán a nenos e nenas en realidades distintas á propia a través da narración oral, proxeccións de imaxes e proxectos artísticos.
Coa posta en marcha da exposición "DO REVÉS. Artistas contemporáneos de Israel" o MARCO presentou a mañá do martes o programa de talleres infantís "Olladas do revés". Esta inciativa didáctica permitirá coñecer a nenos e nenas, de 3 a 8 anos, culturas alleas e observar o mundo dende outros puntos de vista durante os meses de verán.
A través dunha viaxe ao redor do mundo durante 8 semanas, divididas en 40 sesións, o Marco mostrará os rapaces os distintos modos de vida que conviven no mundo. Os talleres estructuranse a partir de narracións orais, talleres artísticos, proxectos colectivos e visitas a salas de exposición que potenciarán a creatividade, o disfrute e a experimentación con diversas técnicas e soportes.
Estos programas específicos, diseñados para cada exposición, lévanos a cabo o departamento educativo do Marco. Con esta inciciativa a entidade pretende contribuir a educacion da mirada, as capacidades de observación, reflexión e interpretación, o mesmo tempo que axuda a construir valores.
Os pais poderán levar os seus fillos as actividades de martes a sábados de 12.00 a 14.00 horas, incluidos os días festivos. O taller é gratuito para os nenos, mentres os país deberán abonar a entrada o museo segundo os días e tarifas correspondentes. As actividades localizanse no Laboratorio das Artes.
Descargar todas as imaxes