O festival Para Vigo me Voy trae a Toquinho e Milton Nascimento
Os brasileiros Toquinho e Milton Nascimento ofrecen un concerto mañá mércores a partir das 23:00 no Auditorio de Castrelos, dentro do VII festival Para Vigo me Voy, que é á súa vez parte do programa das Festas do Cristo de 2006.
O brasileiro Antonio Pecci, máis coñecido como Toquinho, naceu en São Paulo o 6 de xullo de 1946. A súa afección pola música naceu moi cedo, e dende neno introduciuse nese mundo da man de Paulinho Nogueira. Anos máis tarde coñecerá a Edgard Janulo, con quen ampliou o seu coñecemento harmónico, ao igual que posteriormente faría con Oscar Castro Nieves. Nos setenta comeza a traballar con Vinicius de Moraes e María Creuza, nunha serie de actuacións na boite La Fusa, en Bos Aires. Esta unión profesional entre Vinicius e Toquinho durou once anos, co resultado final de máis de cen cancións plasmadas en 25 discos e máis de mil actuacións. Toquinho é considerado unha das figuras máis importantes da canción brasileña dos últimos corenta anos.
Milton Nascimento
O brasileiro Milton Nascimento forma parte dunha xeración de músicos que, xa nos anos sesenta, reivindican a existencia doutro Brasil, o Brasil do interior, profundo, cunha música e un folklore de seu. A música de Nascimento está moi enraizada nas tradicións populares da súa terra, pero aínda así sempre espertou un enorme interese entre os músicos de jazz americanos. Composicións de Milton como "Veracruz", "Ponta de Areia" o "Travessia" foron versionadas por infinidade de músicos.
Elis Regina, unha famosa intérprete brasileira, será clave para axudarlle a acadar recoñecemento. Con ela canta no Festival Internacional da Canción de Brasil, grazas ao cal acada un contrato co selo Codil e grava o seu primeiro disco. A súa carreira, dende entón, non fará máis que medrar. Nascimento vive un dos seus momentos clave como músico en 1994, cando grava "Ángelus" para Warner, nun inaudito acto de homenaxe e recoñecemento do jazz americano cara á súa obra. O seu último traballo é "Pietá", no que colaboraron tres voces novas brasileiras, Marina Machado, Simone Guimaraes e Maria Rita Mariano, a filla da grande Elis Regina, a súa mentora.
Milton Nascimento só ofreceu un concerto en Vigo, hai catorce anos. Foi durante o festival Afroamérica 92.
Entradas
O prezo das entradas para o concerto de Toquinho e Milton Nascimento é de 8 euros, no caso da venda anticipada, e de 10 se se adquiren no despacho.