Escoitar
O proxecto conta con 150 mulleres

Aparca en Vigo o "Bus da Igualdade"

O "Bus da Igualdade" enmárcase dentro do proxecto "Equal Conta con elas". É una inciativa promovida pola Agrupación de Desenvolvemento "Área Metropolitana de Vigo e financiado polo Fondo Social Europeo. A sensibilización e captación de mulleres formadas na reincorporación do mundo laboral son os seus principais obxetivos.

luns, 10 xul 2006
1152537728busdaigualdade100706.jpg
"É unha forma de abrirse a sociedade" afirmou o Xerente da Mancomunidade, Norma Pérez, acompañado pola Directora do Proxecto, Ana García e a deputada da Deputación de Pontevedra, Nidia Arévalo a mañá do luns na presentación do "Bus da Igualdade" na rúa do Principe. É a primeira vez que está en Vigo, anteriormente xa puso en práctica a súas actividades en Baiona e Redondela. A iniviativa pertence o Proxecto "Equal Conta con Elas" da Agrupación de Desenvolvemento Área Metropolitana de Vigo.

A idea ten como fin a sensibilización empresarial e laboral, para diminuír a segregación laboral das mulleres e a súa captación a través de distintas actividades de reinserción. A organización recalcou que o proxecto vai encamiñado a mulleres xa formadas en actividades típicamente de varóns, concretamente no sector da construcción, automoción e naval. O número de mulleres ascende as 150 participantes, esta cifra se espera que se incremente entre 2006 y 2007, periodo de funcionamiento do proxecto.

As instalacións do bus comprenden un xogo interactivo virtual, video forum, aplicacións infomáticas e multimedia, ademáis de material informativo. Tamén se levarán a cabo mesas de debate de mulleres tras o visionado de películas como Billy Eliot, obradoiros gratuitos de igualdade e materias informativas nos institutos e colexios. As mulleres que queiran participar poden optar a cursos formativos de novas tecnologías e actividades empresariais, cursos que complementan a formación de cada unha das participantes.

A rúa de Principe será o aparcadoiro do "Bus da Igualdade" dende o luns 10 ata o venres 14 de xullo. O longo do mes de novembro o bus movérase polas parroquias de Vigo, onde se realizarán actividades nos distintos centros culturais.
1152537728busdaigualdade100706.jpg
1152537751busdaigualdade100706.jpg
Descargar todas as imaxes