O Concello subvenciona con 36.000 euros o programa do Istituto de Estudos Vigueses
O concelleiro-delegado de Asuntos Sociais, Ignacio López-Chaves, asinou hoxe venres un convenio de colaboración coa Fundación ProVigo e a súa Área, polo que o Concello subvenciona con 36.000 euros o programa de actividades e funcionamento de 2006 do Instituto de Estudos Vigueses, dependente da Fundación.
Con esta cantidade o Concello contribuirá a facilitarlle ao Instituto o desenvolvemento do seu labor ao longo de 2006. As liñas xerais do programa do Instituto consisten na edición de publicacións, a continuación dun proxecto de Centro de Documentación da Historia de Vigo e a realización dun ciclo de conferencias. Este programa contará, á parte de coa achega municipal, coa suma de 6.000 euros resultante da venda de libros editados polo propio Instituto.
A subvención seralle transmitida ao Instituto pola Fundación ProVigo, que a recibirá do Concello durante 2006, un 25% no mes seguinte á sinatura do convenio, ata un 50% no mes de outubro e ata un 25% duranteo mes de novembro, xunto coa liquidación do convenio.
O Instituto de Estudos Vigueses, creado baixo o Padroado da Fundación ProVigo e a súa Área, ten por obxectivos fomentar, orientar e coordinar o labor investigador en disciplinas e manifestacións referentes a Vigo e á súa comarca.
O convenio foi asinado por Rubén López López, como director xerente da Fundación ProVigo e a súa Área. Ao acto asistiu tamén o director do Instituto de Estudios Vigueses, Gerardo Sacau Rodríguez.
Descargar todas as imaxes