A Comisión de Balaídos reúnese coa directiva do Celta
A Comisión de Balaídos reuniuse hoxe xoves coa directiva do Celta para incorporala ao seu labor, consistente no estudo do futuro do estadio municipal e a súa posible ampliación.

O presidente da Comisión, o socialista Xulio Calviño, salinetou a "boa sintonía" cos representantes do Celta. Segundo Calviño, a Comisión e os dirixentes do club non abordaron a financiación da ampliación do estadio, xa que polo de agora se lle dará unha marxe de tempo ao Celta para que se incorpore ao debate.
Descargar todas as imaxes