Escoitar
O Director Xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Oliveira

"O Evento fai referencia o mar, fai referencia a amizade"

Novo reto náutico. O X Trofeo do Eixo do Atlántico comeza este ano en Vigo. A competición consta de catro etapas, a última será en Leixoes, Portugal. Estas etapas as percorrerán case 30 embarcacións, tanto españolas como portuguesas, durante os dous primeiros fins de semana de xullo do 2006. O gañador da suma de tempos por etapas obtendrá o Gran Premio Fundación Deporte Galego.

xoves, 6 xul 2006
1152191416Eixo2.JPG
No Salón Auditorio do Real Club Náutico de Vigo celebrouse a máña do xoves a presentación do X Trofeo do Eixo Atlántico Gran premio Fundación Deporte Galego-Repsol YPF de máns de a Concelleira de Turismo e Deportes, Lucía Morales, o Director Xeral para o Deporte Santiago Domínguez e o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoan Vázquez Mao xunto a outros, cargos onde resaltaron a amizade co país veciño, Portugal.

A competición é unha regata monotipo, única na península que este ano se celebrara os dous primeiros fins de semana de xullo, os días 8, 9, 15, 16. O torneo estará formado por casi 30 barcos Monotipo modelo PLATU 25, o número de participantes pode aumentar na próxima convocatoria con embarcacións francesas, inglesas e italianas. Entre os favotitos encóntrase o veleiro Rías Baixas.

Os barcos contan con medidas de seguridade que van desde barcos de acompañamiento, pasando por preneumáticos e portas intermedias para o paso dos veleiros. A todo esto debemos sumarlle a lista obrigatoria de instrumentos de seguridade que debe levar a tripulación.

Este ano a competición tendrá catro etapas como nas súas primeiras edicións, unha variación respecto o 2005 que constaba de tres. A competición saíra de Vigo 8 o de xullo con destino Viana do Castelo, a segunda etapa comezará o 9 de xullo dende Viana do Castelo dirección Póvoa de Varzim. O fin de semana seguinte, o 15 e 16 de xullo, as embarcacións saíran de Póvoa rumbo Leixoes-Gaia. A última etapa comprende o tramo Leixoes-Leixoes.

O Secretario Xeral do Eixo Atlántico aclarou que non é un evento só deportivo, tamén ten un importante carácter social. Presentou novidades dentro do X Torneo do Eixo Atlántico que o fan moito máis especial como a creación da Guía de Turismo Náutico e o Primeiro Estudio de Xuventude Atlántica.

A organización do evento está formada polo Real Club Náutico de Vigo, o Clube de Vela Atlántico, o Clube de Vela de Viana do Castelo eo o Clube Naval Povoense. O campeonato o patrocinan Repsol YPF, Xunta de Galicia e Deporte Galego.
Descargar todas as imaxes