Escoitar

Lucía Molares presenta o Premio "Cidade de Vigo" de Atletismo

A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou hoxe mércores en Begano a vixésimo séptima edición do Gran Premio Internacional "Cidade de Vigo".

mércores, 5 xul 2006
11521006961.jpg
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou hoxe mércores a vixésimo séptima edición do Gran Premio Internacional "Cidade de Vigo" de atletismo en pista. A historia da competición remóntase a hai 58 anos. A primeira edición inaugural atraeu ós mellores fondistas de España e Portugal.

Tras verse coartada pola habitual penuria dos medios económicos, a historia da celebración destas edicións, continuou a súa brillante traxectoria, chegando a alcanzar nalgunhas competicións certa relevancia mundial, constatada pola presenza en 1989 e 1990 de formidables plusmarquistas mundiais.

Pero debido á falta de apoios da administración pública, tanto de Vigo como galega, a continuidades do acontecemento viuse truncada. Aínda así, hai moitas ganas de cambiar esto, e con esa intención xurde o Gran Premio "Ciudad de Vigo".

Nesta edición, contamos con atletas destacados en varias das probas: o Campión de España, Gustavo Dacal en lanzamento de jabalina, David Gómez en lonxitude e Paula Campanero en Salto de pértiga. En martelo, o internacional Nuno Rocha, procedente de Portugal, e na proba de 5000, Alejandro Fernández e o subcampión de España Promesa de 10000 metros.
Descargar todas as imaxes