Escoitar

A alcaldesa coloca a primeira pedra da futura piscina de Valadares

A alcaldesa, Corina Porro, colocou hoxe martes a primeira pedra da futura piscina de Valadares, instalación que se enmarca no Plan de Piscinas deseñado pola Concellaría de Deportes. Ao inicio das obras de construción desta piscina seguiranlle nas próximas datas o das outras dúas previstas no Plan, na Miñoca e en Barreiro.

martes, 4 xul 2006
1152018655piscina040706.jpg
As obras en Valadares consisten na construción dunha piscina cuberta climatizada en terreos lindantes co actual Pavillón de Deportes, sobre unha superficie de 20.764 m2. A parcela é de forma irregular e ten unha pendente cara ao Leste.

O proxecto da futura piscina contempla dous vasos, un de batuxada, de 12x6 metros, e o principal, de 25 metros de lonxitude e oito carreiras, ademais de tres vestiarios, unha zona de duchas para mulleres e outra para homes.

As instalacións distribúense nun semisoto cunha superficie útil de 640 m2 sobre unha superficie construída de 717 m2, e unha planta baixa cunha superficie útil de 968 m2 sobre unha superficie construída de 1.040 m2. Deste modo, o total de superficie útil da futura piscina de Valadares será de 1.608 m2, mentres que a superficie construída será de 1.757 m2.

A construción e posta en funcionamento da instalación supón un investimento de case 840.000 euros, e contan cun prazo de execución de un ano. A empresa adxudicataria é ALEA.

Acto de colocación da primeira pedra

Nunha foxa situada no terreo onde se levantará a piscina colocouse unha arqueta de formigón onde a alcaldesa depositou un xornal do día e varias moedas de curso legal.
Anteriormente, o arquitecto do proxecto, Lorenzo Mateos, explicou os detalles da construción da piscina axudado por varias infografías e planos.
1152018655piscina040706.jpg
1152018678piscina040706b.jpg
Descargar todas as imaxes