Escoitar
A introducción de máis de 300 autobuses diarios ocasionaría un colapso no tráfico

Non aumentará o transporte metropolitano nas inmediacións da Praza de España

A decisión tomada polo goberno local vigués mantense firme ante a proposta da Xunta. O número de autobuses non aunemtará na praza de España. Se darán outras respostas os problemas de transporte metropolitano a través da Concellería de Tráfico. O mesmo tempo que mantén aberto o díalogo con VITRASA.

luns, 3 xul 2006
1151933091busverde.jpg
O Portavoz do Goberno Municipal, Chema Figuero e o Concelleiro de Tráfico, Antonio Coello aclararon hoxe luns, na Xunta de Goberno Local a súa decisión de non aumentar o número de autobuses que pasan diariamente pola Praza de España. O incremento produciría un colapso no tráfico da zona. Según Coello o tráfico nesta praza ascende os 1000 autobuses diarios.

Os responsables recalcaron que a actual estación de autobuses situada na Avenida de Madrid estableceuse neste vial para evitar que o transporte pesado pasase polo centro da cidade. Así como a proxección dunhas novas instalacións previstas polo novo Plan Xeral.

Chema Figueroa afirmou que tratase de un problema ecónomico, os operadores presionan a Xunta para localizarse nas mellores zonas, o mesmo tempo que subrallou que non se pretende contradecir a Xunta socialista pola proposta de localización xa que cando os populares estaban no goberno galego a proposta foi tamén rechazada.

O Conselleiro de tráfico mantén diálogo co Director Xeral de Vitrasa, quen pretende establecer lanzadeiras cada 5 minutos dende a estación de autobuses. Tamén explicou que nun futuro da Praza de España ten previsto peatonalizarse, polo que a proposta non sería viable de ningún modo.
Descargar todas as imaxes