Escoitar

O Verbum ofrécelle aos rapaces actividades alternativas para o tempo libre

O Museo Verbum, en colaboración co departamento de Normalización Lingüística, pon en marcha unha actividade dirixida aos nenos/as de 6 a 12 anos. Serán 15 días (do sábado 1 ao domingo 16 de xullo, ambos inclusive e agás os luns) en horario de 10.30 ás 13.30.

luns, 3 xul 2006
1151933683museo3.jpg
O obxectivo é posibilitar á infancia e á mocidade o disfrute dunha alternativa lúdica no seu período vacacional.

Actividades: traballaremos temas como a animación á lectoescritura, conta-contos, xogos dirixidos, tradicionais, cooperativos, en equipo, xogos de roda, cantados, xincanas, xogos de pistas, predeportes, xogos con paracaídas.
Descargar todas as imaxes