Escoitar

Á busca dunha formación máis alá do baloncesto

O Campus de Basket do Círculo Mercantil celebra do 29 de xullo ao 6 de agosto a súa quinta edición. Ata un máximo de 60 participantes de sete a 17 anos poderán mellorar durante eses días a súa técnica individual e o seu xogo en equipo coa axuda de prestixiosos adestradores, xogadores e preparadores físicos.

venres, 30 xuñ 2006
1151672404lucia300606.jpg
Presentación do Campus
Entre estes, sobresae a participación do preparador físico de Pau Gasol, Pepe Casal. Clubes de baloncesto galegos e españois e mesmo o italiano Virtus de Bolonia estarán representados a través dos seus respectivos adestradores. Entre as xogadoras destaca a presenza da 303 veces internacional absoluta Ana B. Álvaro "Aba".

O Campus, organizado pola sociedade non lucrativa Basket Campus Mercantil foi presentado hoxe venres pola concelleira de Deportes, Lucía Molares, como unha boa oportunidade para que tanto nenos e nenas como mozos e mozas coñezan os segredos da técnica individual e colectiva deste deporte. Para iso, terán sesións específicas de mañá (para a técnica individual) e de tarde (para o xogo en equipo).

Ademais, o programa do Campus inclúe unha outras actividades para ofrecerlles aos participantes unha formación o máis completa posible, tanto no deportivo como en xeral. Así, á parte das clases de baloncesto haberá actividades deportivas complementarias como hockey herba e rugby, ademais de piscina, xogos recreativos, sesións de vídeo, deportes de aventura, visitas culturais e obradoiros.

A matrícula é de 145 euros para socios do Club Mercantil e de 185 para os non socios. O prazo de inscrición está aberto ata o 5 de xullo. Máis información no teléfono 610 98 54 44.
Descargar todas as imaxes