A alcaldesa inaugura un monumento aos mariñeiros mortos e desaparecidos no mar
A alcaldesa, Corina Porro, inaugurou hoxe xoves, acompañada polo presidente da Autoridade Portuaria, Abel Caballero, un monumento aos mariñeiros mortos e desaparecidos. O monumento está situado na praza de entrada ao porto pesqueiro.
Obra do escultor Cándido Pazos na que empregou unha peza enteira de granito de dez metros de alto e un metro de cada lado, esculpida en espiral simbolizando olas de mar e culminada na súa parte máis alta cun rosetón de serpentina e xade.
Na base da escultura existe unha placa de bronce cun poema de Celso Emilio Ferreiro:
"Por debaixo do mar soa un pandeiro
E hai un río de luz asulagado
Por enriba do mar soa unha frauta
E hai unha rúa de camelios brancos"
Debaixo do poema reza o texto seguinte:
Desde esta cidade, dende este porto,
Dende dentro de nós,
Sempre vos teremos presentes
Aos mariñeiros que non volvestes.
Corina Porro lembrou no seu discurso "a eses mariñeiros que non volvestes e ás súas familias", recordando a tristeza provocada en terra polas mortes e desaparicións no mar. Pola súa parte, Abel Caballero afirmou que con este monumento "Vigo recupera parte da súa memoria", co cal se debe conseguir que "a seguridade nos nosos barcos constitúa un lema".
Intervención nas zonas axardinadas
Na zona onde se sitúa a escultura e por indicación do artista da obra, creouse unha superficie tapizada de céspede e plantáronse tres elementos arbóreos verticais (Cipreses), para rematar na base da escultura cun manto en circunferencia de pequenas pezas de cuarzo branco.
Na actuación integral realizada na contorna do acceso ao Porto Pesqueiro, a idea principal do axardinamiento pretende representar de xeito alegórica o ambiente marítimo e costeiro de nosas rías.
A novidade da actuación que hoxe inaugúrase, paralelamente ao monumento, concrétase coa utilización para uso ornamental, dun producto especialmente representativo da nosa industria e gastronomía galega como é o mexillón.
Así mesmo a presenza de rocallas recórdannos aos acantilados da nosa costa, ornamentadas con prantación vegetal tamen autóctona, como a Armeria marítima.
O investimento total desta actuación é duns 37.800 euros.