Escoitar

A alcaldesa recibe ao regatista Mitch Booth

O regatista australiano Mitch Booth foi recibido na sala da alcaldía da cidade de Vigo polo seu titular, Corina Porro. Por espazo de media hora, a alcaldesa compartiu uns entretidos minutos falando co varias veces Campión do Mundo e Olímpico, sobre a regata Rías Baixas, da que é principal patrocinador a concellería de de Turismo.

mércores, 28 xuñ 2006
1151507455encontroconmitch.jpg
Corina Porro recibiu tamén aos colaboradores do evento, entre eles a Xefa de Marketing de Coca-Cola en Vigo, María Troncoso, así como ao Presidente da Federación Galega de Vela e representantes do Club Náutico de Panxón, responsable da organización.

Porro tamén mencionou a súa afección á náutica e a travesía que o pasado ano realizou como tripulante dun dos Multicascos 60, dos que Mitch é un profundo coñecedor, xa non só no seu faceta como navegante, senón tamén como diseñador dos Volvo Extreme 40 que competiron de forma paralela cos VO 70, da Volvo Ocean Race.

Esta tarde Booth pronunciará unha charla-conferencia no novo Centro Social Caixanova a partir das 21 horas, baixo o título de "O Catamarán como Barco Escola".

O xoves, ás 10 horas da mañá comeza o clinic da proba na praia do Vao.
A regata dispútase o venres, sábado e domingo, percorrendo nas tres xornadas toda a ría de Vigo.
Descargar todas as imaxes