Aprobadas as bases do I Premio á Solidariedade "Cidade de Vigo"
A Xunta de Goberno Local aprobou onte luns as bases do I Premio á Solidariedade "Cidade de Vigo", co cal o Concello quere recoñecer e fomentar o compromiso coas persoas en situación de desvantaxe social.
As institucións públicas e entidades (educativas, culturais, sociais, ONGs etc) legalmente constituídas en Vigo poderán proporlle ao Concello a concesión deste premio a persoas e entidades que consideren merecedoras del.
O premio consistirá nun recoñecemento oficial, que se baseará en tres criterios: relevancia do labor desenvolvido, período de tempo ao longo do cal se desenvolveu ese labor e posibilidade de que ese proxecto ou acción continúe no futuro.
Adxudicacións
Por outra parte, o Goberno local aprobou onte luns varias adxudicacións. Así, a empresa Vila Producción e Servicios será a encargada de subministrar as placas cos nomes das rúas. Cada placa terá un prezo unitario de 69,95 euros. O importe máximo do subministro de placas será de cerca de 30.000 euros.
Ademais, a Xunta de Goberno adxudicou a Galaicontrol SL o procedemento negociado para a contratación do control de calidade das obras de saneamento de Zamáns. Galaicontrol SL recibirá algo máis de 23.000 euros.
Por último, a Desarrollo de Estrategias Exteriores SA adxudicóuselle, por 29.750 euros, o procedemento negociado para a contratación da redacción de proxectos para a captación de fondos europeos e o apoio ao establecemento de socios transnacionais para esa captación.