Escoitar

Voluntarios limpan a praia de Fontaíña dentro da "Operación Colilla 2006"

A Asociación Fontaíña e a Oficina Municipal de Voluntariado veñen traballando a prol da solución deste problema mediante a organización anual da chamada "Operación Colilla", na que voluntarios da asociación e do Plan Municipal de Voluntariado, nunha xornada de verán, peitean toda a praia recollendo desperdicios artificiais de pequeno tamaño, como pavas, plásticos, papeis e chapas.

mércores, 28 xuñ 2006
1151498673fontainha.jpg
Praia de Fontaíña
Os voluntarios deixan os restos orgánicos, principalmente algas, para substento das comunidades biolóxicas que se asentan nestas praias. Evítase en todo caso promover a limpeza mecánica da praia con tractor, xa que o paso da maquinaria pesada sobre as dunas está a deterioralas e ademais o peneirado mecánico da area (útil en praias urbanizadas) está a prexudicar a formación de dunas embrionarias nas praias de Fontaiña e Cocho das Dornas - Cabo do Mar.

Para facilitar esta tarefa tan complicada é necesaria unha alta participación de voluntarios (cando menos unhas 30 persoas) que a organización dotará duns recolledores deseñados ao efecto, para non ter que agacharse e mancar os cadrís.

En segundo lugar, os voluntarios queren solucionar o problema na súa orixe, é dicir, concienciar a xente que deixa estes restos. Para isto, unha parte dos voluntarios repartirá aos bañistas uns 1.000 cinceiros de praia e un folleto informativo, para que os empreguen cando vaian a esta ou calquera outra praia.


O proxecto de actividades que se desenvolverá para alcanzar o obxectivo de ter unhas praias limpas inclúe:

- Organización dunha xornada de limpeza popular da praia "Operación Colilla 2006". Celebrarase o vindeiro sábado 1 de xullo, de 10:00 a 13:00 h na praia da Fontaíña (Coruxo).
- Divulgación desta actividade a nivel de medios de comunicación local.
- Fabricación de cinceiros e reparto aos fumadores nas praias de Fontaiña (Coruxo) e Cocho das Dornas.
- Edición dun folleto divulgativo que ó longo do verán (principalmente en fins de semana) lle sería entregado, xunto co cinceiro, aos fumadores usuarios destas praias coa finalidade de conciencialos.

Para a organización desta actividade cóntase co patrocinio de Attitudes (Iniciativa Social de Audi) dentro da campaña nacional "Actuemos Juntos 2006", ademais do apoio da Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Vigo. A Asociación Fontaíña considera que esta experiencia, podería ser perfectamente extrapolable a outros areais vigueses, mellorándose así a limpeza e a imaxe turística das praias do noso litoral.
Descargar todas as imaxes