Escoitar
Anuncio de Mobilidade e Seguridade

Peche de tráfico nas rúas Gregorio Espino e Andalucía

venres, 30 xuñ 2006
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de desmontaxe dun guindastre de obra, estará pechada ao tráfico a rúa Gregorio Espino, entre Urzaiz e Jenaro de la Fuente, con acceso exclusivo para garaxes, o domingo 02 de xullo de 2006, dende as 08:00 horas até as 17:00 horas.

Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polo interior do túnel de Gregorio Espino.

Rúa Andalucía

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización, estará pechada ao tráfico a rúa Andalucía, entre José Antela Conde e Dr Carracido, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 03 de xullo de 2006 ás 08:00 horas e por un período aproximado de duas semanas.

Os desvíos, debidamente sinalizados, para os vehículos que queiran chegar a Gregorio Espino establécense pola rúa Dr Carracido.

Mentres dure a obra o tramo da rúa Dr Carracido entre Aguia e San Roque establécese en sentido único cara a San Roque.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.