El Sueño de Morfeo chega a Castrelos
O concelleiro de Cultura, Festas e Animación Sociocultural, Ignacio López Chaves, presentou esta mañá de martes no Concello de Vigo o concerto de El Sueño de Morfeo. O recital que abrirá o grupo galego Quatro d Abril, vaise celebrar o venres 7 de xullo no Parque de Castrelos a partir das once da noite.
O grupo formado por Raquel del Rosario (voz), Juan Luis Suárez e David Feito (guitarra) inaugurarán a tempada de Castrelos con as súas cancións de sólidas estructuras pop-rock. O seu primeiro tema "Nunca Volverá", lanzoulles ás listas de éxitos de toda España. Tamén foron nominados na categoría de mellor artista nos MTV European Music Awards.
Os teloneiros de El Sueño de Morfeo, Quatro D Abril, son un grupo formado por un piloto comercial, un xornalista, un estudante de imaxe e son e un licenciado en económicas.
O prezo das entradas é de cinco euros, e pode mercarse en Internet pode mercarse en Internet nas seguintes webs:
www.servinova.com
www.caixanova.es
www.centralespectaculos.com
Ademáis, na cidade de Vigo poden mercarse na Central de Espectáculos, na rúa Velázquez Moreno 26, baixo. O teléfono é o 986 43 54 10, e o correo electrónico é o seguinte:
central@centralespectaculos.com.
Descargar todas as imaxes