Escoitar

Tenistas de toda España participarán no Memorial Manuel Alonso

Do 10 ao 16 de xullo, 128 tenistas federados de toda España desputarán a final da 40ª edición do Trofeo Coca-Cola Memorial Manuel Alonso, que terá lugar no Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo.

mércores, 5 xul 2006
1152111279tenis.jpg
O Trofeo Coca-Cola Memorial Manuel Alonso de Tenis inclúe, desde 1976, o Campionato de España Infantil de Tenis, co que, ao mesmo tempo, se celebrará a fase final desta modalidade na súa trixésimo primeira edición. Desque se iniciara en 1967, o Memorial Manuel Alonso ten contado coa participación de máis de 120.000 xogadores infantís de toda España desde as fases preliminares do torneo.

Este ano, a Federación de Tenis con maior número de representantes na final é a F.T. Catalana, que conta con 26 xogadores, seguida pola Federación Madrileña, con 15 xogadores. En terceira posición, por número de participantes, está a F.T. Valenciana cun total de 11 xogadores.

As finais masculina e feminina de individuais terán lugar o 16 de xullo e as de dobres o 15 de xullo. Os dous vencedores das probas individuais masculina e feminina participarán posteriormente no Campionato de Europa de Tenis Infantil.

O Memorial Manuel Alonso é a principal competición de Tenis para xogadores menores de quince anos que se desputa no noso país. Este Campionato está organizado pola Real Federación Española de Tenis, Coca-Cola e os seus embotelladores.


As principais figuras do tenis español teñen participado no Manuel Alonso, desde José Higueras ata Arantxa Sánchez-Vicario e os seus irmáns, pasando por Alberto Berasategui, Alex Corretja, Albert Costa, Sergi Bruguera, Tomás Carbonell, Conchita Martínez, Marta Marrero, e un longo etcétera de xogadores, moitos dos cales forman parte agora da elite mundial deste deporte. O caso máis actual é o de Rafael Nadal, flamante campión de Roland Garros, que tamén pasou polas eliminatorias do Manuel Alonso.
Descargar todas as imaxes