Escoitar

O Goberno municipal valorará "cando proceda" os informes sobre o PXOM

O Goberno municipal fará "cando proceda" unha valoración final dos informes sectoriais emitidos polas administracións autonómica e central en relación ao documento de aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), segundo afirmou hoxe xoves o seu portavoz José Manuel Figueroa.

xoves, 6 xul 2006
1152192838xeren060706.JPG
José Manuel Figueroa respondeu así á pregunta formulada durante a reunión do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo polo representante do PSdeG-PSOE Mauricio Ruiz, quen se interesou pola forma en que o Goberno municipal vai abordar os cambios no PXOM que, ao seu ver, se lle esixen ao Concello nos informes sectoriais emitidos ata o de agora. Neste sentido, Mauricio Ruiz demandou a convocatoria da Comisión Delegada do Plan.
Descargar todas as imaxes