Obxetivo: Campeonato Mundial de Montanbike 2007
O Concello de Vigo e a Comunidade de Montes de Coruxo levarán a cabo este ano a creación dun circuito permanente no monte de Coruxo; unhas instalaciós nas que se poida celebrar o Campeonato Mundial de Montanbike, así como outros eventos relacionados co deporte base e actividades dedicadas os nenos para que practiquen deporte o aire libre.
A Concelleira de Deportes, Lucía Morales conversou a mañá do venres co Presidente da Comunidade de Montes de Coruxo, Anxo Manuel Rodríguez e un representante para chegar a un acordo sobre a posta en marcha dun circuito permanente nas inmediacións desta parroquia viguesa. O proxecto ten como obxetivo que se poida celebrar nestas instalación o Campeonato Mundial de Montanbike no ano 2007, sempre que a Unión de Ciclismo Internacional (UCI) de o visto bo.
A creación deste circuito permanente supón problemas de tipo arqueolóxico. Os terreos, actualmente en suspensión cautelar, onde se pretende levar a cabo a súa realización teñen petrogrifos de carácter histórico. Mediante un estudio de viabilidade se intentará validar a zona para facer realidade o proxecto. Este estudio deberá aprobarse en Asamblea pola Comunidade de Montes. A Concelleira de Deportes resaltou que é unha alternativa ó circuito "respetuosa" á comunidade de vecinos.
Nas instalacións teñen previsto levar a cabo outros actos deportivos de interese local durante todo o ano; potenciar o deporte base e a creación de actividades de deporte o aire libre para nenos e nenas.
Descargar todas as imaxes