Escoitar

Continúan as actividades do campamento urbano de verán do Verbum

Os nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 aos 12 anos poden participar, ata o 16 de xullo, no Campamento Urbano que se está a desenvolver no Museo Verbum-Casa das Palabras, e que inclúe actividades como como a animación á lectoescritura, xincanas, contacontos e xogos de diversa índole.

venres, 7 xul 2006
O campamento urbano "Verán no Verbum" que conta coa colaboración do Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, ten como obxectivo facilitarlle á infancia e á mocidade unha alternativa lúdica para as vacacións.

O campamento está organizado de forma que existen catro tempos ben diferenciados que permiten tratar diferentes temas de interese. Así, nun primeiro momento os cativos gozan no recuncho de xogos de forma libre, co cal se pretende que gañen en autonomía. Logo pasan ao espazo dos contos, onde lles contan e len diferentes historias de formas moi diversas.

O momento seguinte é o do obradoiro, que pode ser de creatividade plástico-manual ou de animación á lectura. O tempo final é o destinado a xogos de grupo ambientados na historia do conto do día.

Desta forma combínanse o xogo e o conto, para que os nenos vexan a lectura como algo interesante e divertido.

O campamento estará aberto de 10:30 a 13: 30 todos os días ata o 16 de xullo, exceptuando o luns.