O festival aéreo aumenta este ano en calidade e cantidade
O concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves presentou o Festival Aéreo 2006 que se celebrará na praia de Samil o vindeiro día 23 de xullo.
"Queremos que sea unha referencia" recalcou o concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves, xunto co presidente do Club Aéreo de Vigo, Leandro Justo e o director do Festival, Pablo González a mañá do mércores no concello vigués. O festival celebrarase o 23 de xullo na praia de Samil o acceso é gratuito. Este acontecemento rivaliza o segundo posto de mellor festival aéreo xunto con Valencia, o primeiro celebrase en Barcelona.
No evento participarán outro ano máis a Patrulla Águila, do Exército do Aire; segundo o Director do Festival "séntense como en casa na Ría de Vigo", pola contra, unha das novidades é a actuación da patrulla acrobática francesa Reva que actuou en Asia e Europa, mentres en España é a súa primeira vez. Outra das novas adquisicións é o grupo de paracaidistas da Papea, calificados como "realmente espectaculares" e os homes páxaro do Grupo Alas, que actualmente posuen innumerables récords de altitude. No festival participarán o vigués Manuel "Coco" e o valenciano Sergio Pla dos grandes pilotos do panorama español. Os que se acerquen disfrutarán dunha exhibición de arrastre de veleiro, Harriers da Armada Española, Canadair apagalumes e helicópteros.
A seguridade do evento está coidadamente preparada xa que os representantes do Club Aéreo afirman que cumple con todos os requisitos de Aviación Civil. O persoal de seguridade estará formado pola Policía Local, Nacional, Garda Civil, Capitanía Maritima, Protección Civil, Cruz Roja e bombeiros. A área maritima na que se realicen os espectáculos estará restrinxida a navegación no periodo de duración do festival.
O Concello de Vigo patrocina o festival cuhna cantidade de 25.000 euros, apoiado pola Concellería de Cultura e Alcaldía. Está organizado polo Club Aéreo de Vigo coa colaboración do Corte Inglés e Coca-cola.
O día 22 de xullo o Club Aéreo de Vigo otrogará dous premios de honor, "Premio Joaquín Loriga" e o "Premio Aviador Piñeiro". O primeiro o recibirá o Grupo 43 do Exército do Aire, pola súa labor na extinción de incendios e o segundo o Grupo Alas polos seus logros no salto de paracaidas e outras azañas.
O acontecemento congregou o ano pasado o redor de 150.000 persoas, esta edición se espera que a afluenza sexa maior. Os que queiran asistir como público e precisen máis información a atoparán en www.clubaereovigo.com