Escoitar

O servizo de axuda a domiclio presta atención a 435 fogares

190 usuarios asistirán esta tarde na carballeira da Guía á festa anual que organiza o Servizo de Axuda a Domicilio que depende da concellería de Benestar Social. Nestos momentos o servizo presta atención a 435 fogares.

mércores, 12 xul 2006
Distribuidos por sectores de poboacion 380 son persoas maiores e 55 discapacitadas; por sexos 350 son mulleres e 85 son homes.

O SAD é unha prestación básica dos Servizos Sociais Municipais que proporciona axuda a persoas soas e familias no seu domicilio cando se atopan nunha situación de incapacidade temporal ou permanente para levar a cabo as tarefas básicas da vida diaria, xa sexa por motivos físicos, psíquicos e/ou sociais, co obxectivo de manterlles no seu fogar e evitar ingresos innecesarios en centros, ao mesmo tempo que mellora a súa calidade de vida, proporcionándolles o apoio necesario no seu domicilio.

As tarefas que se levan a cabo son:
- de carácter persoal: apoio no aseo e coidado persoal, axuda para comer, administración de medicamentos, movilizaciones.
- de carácter doméstico: limpeza e mantemento da vivenda, compra e preparación de comida, coidado da roupa.
- relación co contorno: pasear, facer compras e xestións, asistir a actos lúdicos.