Escoitar

O sábado será o acto central do Festival Folclórico Internacional no Centro Cultural Caixanova

O acto central do Festival Folclórico Internacional encherá o sábado de colorido o Centro Cultural Caixanova dende as dez da noite, no que participarán todos os grupos, extranxeiros e nacionais, convidados este ano a formar parte da edición número doce do Festival.Están previstas as actuacións do grupo de danzas El Forcat, do ballet Kassuomaye e do grupo Khasaviurt.

venres, 14 xul 2006
El Forcat vén dende Valencia, e leva traballando dende o ano 1992 no coidado da tradición folclórica da súa terra. Non se limitan a bailar, senón que investigan e estudan a indumentaria, a danza e a música tradicional valenciana.

O ballet Kassuomaye ven dende Dalifort, en Senegal, onde se fundou no ano 1987. Elixiron o nome porque simboliza a paz e a solidariedade que existe entre os artistas, por Kassuomate é paz na linguaxe diola, que é a falada nunha rexión do sur de Senegal. Este ballet percorre normalmente África co seu espectáculo, e participou en campañas internacionais para Unicef. Este ballet tenta formar á mocidade no mundo da arte, a través da danza e a percusión.

O terceiro grupo, Khasaviurt, fundado no ano 1986 en la República de Daguestán, unha das repúblicas autónomas da Rusia Federalista, vén a Vigo dende o Cáucaso Norte. O corpo de baile está formado por 28 persoas, e o musical por 8, que tocan instrumentos tradicionais coma o acordeón nacional, zurna, pkhatich, tambores e outros. A idade dos membros do grupo oscila entre os 14 e os 18 anos.

Xunto a eles actuarán os grupos galegos que organizan ano a ano o Festival Folclórico Internacional: Corisco, Lembranzas Galegas e a Escola Municipal de Danza de Vigo.