Escoitar

¿Non sabes que facer este verán? pois, "Súbete ó Castro"

O programa de actividades <a href = 'http://www.cibercastro.org/'>"Súbete ó Castro"</a> continua este verán convertindo o educativo en diversión. Todos os xoves os mozos e mozas con inquedanzas poden achegarse o Castro calquer día da semana para disfrutar destas actividades diarias e gratuitas.

martes, 18 xul 2006
1153219785ocastro.jpg
Obradoiro
A mocidade máis intelectual disfrutará en Castroculturas, dun espazo no que se mostrarán culturas alleas a nosa a través de exposicións e actividades relacionadas. Os artistas poderán crear novas formas nunha aula aberta, con materiais e ferramentas para debuxar, decorar, crear todo o que imaxinen. Tamén se impartirán clases para crear un blog propio, ver curtometraxes en galego e longametraxes ao aire libre.

As novas tecnoloxías ocupan este ano un posto moi destacado dentro do programa de verán, os mozos navegarán por internet, chatearán e consultarán o correo electrónico. E que non coñeza a rede terá oportunidade de aprender os mellores trucos de internet.

Capoeira, skate ou karaoke son outros dos cursos dos que os máis xoves poderán disfrutar. O horario de verán é de luns a xoves 18:00 a 22:00 e os venres e sábados 17:00 a 01:00. Máis información en www.xuventude.org
Descargar todas as imaxes