Contos con formas e cores
Os nenos máis pequenos pódense acercar a Biblioteca Central para participar dos obradoiros que imparte o ilustrador e pintror Santiago Jorge.
A sala infantil da Biblioteca Central acolle dende o luns 17 de xullo ata o luns 31 de xullo un obradoriro de motivación á lectura a través da ilustración. Estas actividades están adicadas a rapaces de 6 a 10 anos. Son xornadas diarias que comprenden 10 sesións de 1 hora e media de duración.
Santiago Jorge realiza cos nenos unhas actividades de animación á lectura acompañadas de obras ilustradas, como contos ou cómics; desta forma potencia a fantasía e unha expresión diferente a ensinada na escola.
Os grupos non poden estar formados por máis de 20 nenos, os seus país teñen que presentar unha inscripción previa, a partir da que se establecerá unha lista satisfactoria. Desde mediados de xuño xa están os grupos cubertos. O obradoiro realizase dende as 11:00 ás 12:00 da mañá.
Na Biblioteca Central tamén se pode visitar a exposición do debuxante de cómics Jesús Cela, de luns a venres dentro e de 9:00 a 14:00.
Descargar todas as imaxes