Lalín homenaxeará o pintor Laxeiro este venres
O venres 21 de xullo cúmprese o décimo aniversario do pasamento do xenial pintor José Otero Abeledo, Laxeiro (Lalín, 1908-Vigo, 1996). Con tal motivo, o Concello de Lalín, e a Fundación Laxeiro, celebrarán ao longo do día unha serie de actos en Lalín para recordar a figura e a obra dun dos seus fillos máis ilustres.

Laxeiro, membro fundamental do grupo d’Os Renovadores da nosa vangarda histórica, foi un dos protagonistas esenciais da entrada da pintura galega na contemporaneidade. Dotado dunhas cualidades plásticas excepcionais e unha imaxinación desbordante, soubo sintetizar como ninguén a bagaxe da nosa cultura tradicional, coas linguaxes plásticas que percorreron o século XX. Deste xeito, Laxeiro "inventou" no primeiro terzo do século o que se coñeceu como "estética granítica", para, a partir dos anos cincuenta, inscribirse dentro do Expresionismo entendido no sentido máis amplo do termo.
O 21 de xullo de 1996, Laxeiro deixábanos para seguir vivindo entre nós mediante o seu enorme legado artístico. A Fundación Laxeiro traballa desde 1999 na difusión, investigación e conservación da súa obra, ademais de apoiar os novos artistas galegos, unha preocupación que Laxeiro sempre tivo en vida e sen a que a Fundación Laxeiro non tería sentido.
Con estas actividades, o Concello de Lalín e a Fundación Laxeiro, co patrocinio da Fundación Feima e a colaboración de Caixanova, queren lembrar a figura do artista, nunha xornada entrañable á que convidan a participar a todos aqueles que queiran sumarse ao seu recordo.
A organización entende que a rúa, o espazo público, debe ser o escenario das actividades e por iso, a xornada terá un carácter festivo que, por encima da solemnidade deste tipo de homenaxes, abondará na vertente máis optimista da súa memoria.
A organización deste evento conta co patrocinio da Fundación Feima, unha institución de recente creación que desde Madrid está traballando na difusión dos artistas galegos e que conta cunha importante colección de arte galega do século XX. Tamén presta o seu apoio Caixanova, perpetuando unha colaboración que vén de lonxe, tanto co Concello de Lalín, como coa Fundación Laxeiro.
Descargar todas as imaxes