Escoitar
AUDITORIO DE CASTRELOS

Máis de dúas horas "cen por cen Mecano"

A cantante, Ana Torroja, volve ao Auditorio de Castrelos coas míticas cancións de Mecano. Despois de catorce anos sen interpretar nun escenario grandes éxitos como "Hijo de la luna", volta para compracer o seu público. O grupo Mota dará comezo o concerto.

xoves, 20 xul 2006
1153397691fototorroja.jpg
Ana Torroja
O Concelleiro de Festas, Ignacio López Chaves, presentou a mañá do xoves o concerto de Ana Torroja "La Fuerza del Destino" que se celebrará o sábado 22 de xullo ás 23:00 horas, no Auditorio de Castrelos. A xira da cantante pop leva o escenario todas as cancións que fixeron o grupo Mecano ídolos nos anos 80 e 90. Os teloneiros da popular cantante serán o conxunto Mota, formado por Álvaro e Manuel, éste último fillo de Raphael, tocan pop rock sen apelidos nin calificativos.

O concerto durará en torno a unhas dúas horas nas que o público poderá disfrutar ao cen por cen de Mecano. Só un par de cancións, entre elas "Maquillaje", foron modificadas de acordo con os sons actuais. O evento conta con coporpo de baile, así como, cunha parte técnica con 250.000 vatios luz e 80.000 vatios de son, digna dunha xira internacional. A escenografía estará conformada por multipantallas e unha estructura móbil.

A primeira parada da xira foi en Orihuela, en Alicante, onde se deu o pistaoletazo de saída o concerto; tamén pasou por Murcia e Granada. Durante os meses de xullo, agosto, setembro e octubro recorerán as principais cidades españolas para recordar os anos dorados de Mecano.


1153397691fototorroja.jpg
1153397824antatorroja200706.jpg
Descargar todas as imaxes