Escoitar

As mellores traíñas desputan a II Regata Concello de Vigo este domingo

O domingo, a partir das 12:00, terá lugar nas inmediacións do Porto de Vigo a II Regata Concello de Vigo, sexta puntuable da <a href = 'http://www.ligaact.com/'>Liga San Miguel</a>, que reúne 12 destacados clubes de Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco.

xoves, 20 xul 2006
1153399902trainha.jpg
As traíñas de Arkote, Castro, Laredo, Orio, Pedreña, Zarautz, Cabo da Cruz, Ondarribia, Mecos, Pasai Donibane, Urdaibai e Zumaia competirán facendo un percorrido de 5,5 kilómetros, con catro longos e tres ceavogas, despois de embarcaren na rampa do Real Club Náutico. A regata desputarase en tres tandas de catro embarcacións, que serán agrupadas segundo o seu nivel competitivo.

A Regata está organizada pola Asociación de Clubes de Traíñas e conta coa colaboración do Real Club Náutico e o patrocinio do Concello de Vigo e a Xunta de Galicia.

Os clubes participantes recibirán 21.000 euros en premios. Haberá premios para todos, desde o primeiro, con 3.066 euros, ata os catro últimos, con 1.050 euros cada un.

Na presentación do evento, hoxe xoves no Concello, a concelleira de Deportes, Lucía Molares, recordou a "boa acollida" desta iniciativa na súa primeira edición e salientou a "repercusión nos medios" da que se desputará o domingo, que chegará en directo aos teleespectadores de Galicia, Cantabria e o País Vasco a través das cadeas autonómicas.

Lucía Molares estivo acompañada pola delegada provincial da Dirección Xeral para o Deporte, Marta Souto, quen se referiu ao "encontro do mar e do deporte" como un dos seus principais obxectivos. Marta Souto quixo pór de relevo que "o noso mar dá moito de si" e que os clubes galegos "teñen moito que dicir".

Tamén estiveron presentes na presentación da regata o xerente da Liga San Miguel, Iñaki Mikeo, e o presidente do Real Club Náutico, Franco Cobas.
1153399902trainha.jpg
1153399928sanmiguel200706.jpg
Descargar todas as imaxes