Un campamento aberto á cidade
A Asociación Xuvenil Abertal e Xuvenil Xentenova xunto coa Concellaría de Xuventude do Concello de Vigo organizan o Campamento Urbano 2006. Esta iniciativa vai dirixida para nenos de entre 8 e 14 anos da cidade de Vigo. O evento levarase a cabo do 31 de xullo ao 11 de agosto no Pavillón das Travesas.
A organización pretende crear unha oferta de Lecer educativo para a mocidade, un campamento totalmente aberto e libre, no que non se discrimine a asistencia a ningún neno o nena. Os rapaces poderán participar sempre que o desexen, a tempo completo ou ben só nalgunhas actividades. A iniciativa é gratuita, co obxetivo de concienciar a institucións, empresas e particulares, da importancia de contribuir desinteresadamente neste tipo de actividades.
O eixo central do campamento é a cidade, de xeito que todas as actividades e xogos faranse dentro da urbe, posto que este espazo presenta unha morea de oportunidades que están infrautilizadas e en moitos casos descoñecidas.
O lema do campamento este ano e facer "animación a lectura". O campameto convertirase nunha gran biblioteca na que xogar, con historias e persoaxes de libros e a cidade no mundo dos contos. Se realizarán actividades para que os rapaces descubran Vigo, as súas posibilidades e servizos, valores de convivencia, solidaridade e paz, e se fomente o interese e o gusto pola lectura e a lingua galega.
O campamento contará con 500 prazas.
Descargar todas as imaxes