O Pleno aproba investimentos no termo municipal de Vigo por valor de 18 millóns de euros
Cos votos favorables de PP e BNG, o Pleno da Corporación Municipal aprobou hoxe luns de maneira inicial unha modificación orzamentaria pola que se establece un gasto de algo máis de 18 millóns de euros para acometer diversos investimentos no termo municipal.
Dentro desta modificación inclúense como principais actuacións a anualidade do Pazo de Congresos (4,9 millóns de euros), a cantidade de 1,7 millóns destinada ao convenio con Zona Franca para o período 2005-2007, a adquisición do Reitorado (1,3 millóns) e un apartado dedicado á urbanización de Barreiro, por valor de 830.000 euros.
Os investimentos repartiranse entre as parroquias de Vigo, de acordo cunha proposta do BNG apoiada polo PP como "mal menor". PSdeG-PSOE e PG votaron en contra deste acordo ao entenderen que non recolle as súas demandas de mellora do abastecemento e saneamento de auga para Vigo e a súa área metropolitana.
Por outra parte, o PSdeG-PSOE viu aprobadas por unanimidade unha serie de mocións presentadas polos seus concelleiros. Así, acordouse que o Concello estude a posibilidade de incluír descontos ou bonificacións nos servizos, taxas ou tributos municipais no caso das familias numerosas. Tamén se votou a favor de instar a Comisión de Control e Seguimento dos traballos de revisión do inventario municipal para que informe a todos os grupos municipais, antes da celebración do próximo Pleno ordinario, do estado de execución dos seus traballos.
Outro acordo proposto polos socialistas é o de saudar e apoiar a declaración do ano 2006 como "Ano da memoria". A través deste acordo, o Concello manifesta a súa vontade de promover os actos de conmemoración e reivindicación da Segunda República ao longo deste ano. A moción socialista recibiu unha emenda do BNG, que tamén resultou aprobada, pola que se insta o Concello a apoiar as actividades organizadas pola Xunta de Galicia co gallo desta conmemoración.
Pola súa banda, o BNG presentou dúas mocións que tamén recibiron o respaldo unánime do Pleno. A primeira delas diríxese á alcaldesa, para que esixa a participación, a información e a colaboración institucional nos plans e estudos que afecten a Vigo e á súa área de influencia. A segunda insta o Goberno local a iniciar de inmediato as conversas coa COTOP para proceder á entrega do novo centro social do Centro Veciñal e Cultural de Valadares.
Valedor do Cidadán
Finalizado o Pleno ordinario, a Corporación Municipal iniciou unha sesión extraordinaria para oír o informe das consultas, entrevistas e expedientes que o Valedor do Cidadán, Luis Espada, levou a cabo ao longo de 2005, así como das actuacións realizadas desde 2002 que tiveron repercusión na súa actividade durante o ano pasado.
Luis Espada, que salientou o traballo constante de atención e información desempeñado pola oficina do Valedor do Cidadán, reclamou esta mesma actitude a todos os departamentos do Concello, xa que se pode "facer todo, absolutamente todo, para a consecución dunha mellor convivencia cívica". Así mesmo, o Valedor do Cidadán reclamou "que se analicen con rigor as alegacións, e que se resolvan positivamente aquelas (poucas, moitas ou ningunha) que a Concellaría crea que deben considerarse, pero razoando as súas resolucións".