luns, 29 maio 2006
Bando Mobilidade e Seguridade

Normas para as fogueiras da noite de San Xoán

luns, 29 mai 2006

As persoas, organizacións ou comunidades que desexen facer unha fogueira e aínda non dispoñan da correspondente autorización deberán solicitala no Rexistro Xeral do Concello, cando menos 5 días hábiles de antelación ao evento; terán que sinalar o lugar elixido así como o nome, enderezo, teléfono e DNI dos/as responsables das organizacións ou comunidades.