O Goberno presenta unhas contas que ascenden a 178.209.428 euros, con preto de 18.000.000 euros para investimentos

O pleno debate o luns os orzamentos municipais do ano 2004

venres, 21 mai 2004

O Pleno da Corporación debaterá o vindeiro luns, 24 de maio, os orzamentos municipais do ano 2004, unhas contas que ascenden a 178.209.428,49 euros, dos cales preto de 18.000.000 euros serán para investimentos. O orzamento resposta ás demandas e oportunidades que presenta a cidade de Vigo. Deles, o 34,28 por cento corresponden a gasto comprometido, pero tamén se recollen cuestións referidas á seguridade, coma a adquisición dun novo vehículo para o parque de bombeiros ou a merca de novos radares para o control da velocidade na cidade. Ademais, se aborda o plan de emerxencias de Vigo.

Mocións aprobadas no pleno

luns, 26 abr 2004

María Méndez Piñeiro e Amador Fernández Fernández, en nome do Grupo Municipal do BNG , presentaron para o seu debate e aprobación no Pleno da Corporación a moción relativa a reclamar do Ministerio de Fomento a titularidade da Avda. do Aeroporto e iniciar de inmediato os proxectos de mellora vial entre elas a dotación de rede semafórica e dunha redonda entre a Avda. San Cristovo e Avda. do Aeroporto.<br />

O pleno aproba o proxecto do Tribunal Económico Administrativo do Concello

luns, 26 abr 2004

A Corporación aprobou por unanimidade, en sesión plenaria, o proxecto de regulamento orgánico do Tribunal Económico Administrativo do Concello de Vigo. O Tribunal será un órgano especializado para coñecemento e resolución das reclamacións sobre actos de xestión, liquidación, recadación e inspección de tributos e ingresos de dereito público, que sexan de competencia municipal.

Mocións aprobadas no Pleno

martes, 30 mar 2004

O Pleno da Corporación aprobou as mocións presentadas polo grupo municipal Democracia Progresista Galega relativas o segundo cinto de circunvalación, sobre o litoral vigués e a unión do barrio do Berbés co mar, así como unha moción do BNG na se que solicita o establecemento dun servicio permanente de profesorado itinerante.

Anfaco recibirá a medalla da cidade de 2004

luns, 8 mar 2004

O pleno da Corporación Municipal aprobou hoxe por aclamación conceder a medalla da cidade de 2004 á Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescado e Mariscos (ANFACO) "en recoñecemento a súa prolongada labor de 100 anos a prol da primeira industria da cidade". A medalla entregarase o próximo día 27 de marzo no transcurso dunha cerimonia con motivo do Día da Reconquista.