luns, 29 dec 2003
Os cidadáns van aforrar un 11,8 por cento, cantidade que corresponde a 8,97 euros, no recibo do lixo das súas vivendas o vindeiro ano. Segundo acordou hoxe o Pleno da Corporación, os vigueses pagarán perto dun 12 por cento menos nos recibos para o ano 2004 con respecto a proposta do anterior goberno socialista. O acordo afecta tamén ó recibo do lixo que pagan os establecementos comerciais e as industriais, así coma ó pago do lixo nos pozos negros e fosas sépticas. Neste último se aforrarán un 21 por cento.
venres, 26 dec 2003
A Corporación Municipal celebra pleno o luns, día 29, a partir das nove da mañá , con 36 asuntos na orde do día. Entre outros asuntos darase conta da resolución da Alcaldía de estructuración das áreas e delegación de atribucións en concelleiros. Outro dos asuntos que se somentará a aprobación plenaria é a modificación das ordenanzas fiscais reguladoras das taxas da recollida do lixo e de prestación de servicios de limpeza de pozos negros, fosas sépticas, solares e servicios similares, así como a recepción de resíduos na pranta de transferencia.
sábado, 13 dec 2003
Corina Porro Martínez é dende hoxe alcaldesa do Concello de Vigo, cargo polo foi elixida cos dez votos do seu grupo municipal o Partido Popular. O Pleno da Corporación Municipal que elexía á nova alcaldesa foi consecuencia do anterior no que Ventura Pérez Mariño perdeu unha moción de confianza.
venres, 12 dec 2003
A Corporación Municipal decidirá quen será a persoa que acceda alcaldía de Vigo no transcurso dun pleno extraordinario que se celebrará o sábado día 13 no salón de actos do Concello.
xoves, 27 nov 2003
O voto en contra dos concelleiros do Blogue Nacionalista Galego e do Partido Popular impidiron no pleno de hoxe a actualización das ordenanzas fiscais nun 3,1 por cento, o correspondente ao incremento do IPC.
venres, 21 nov 2003
O grupo municipal socialista presentará ao pleno ordinario do luns 24 de novembro dúas mocións. O seno da Corporación debatirá a súa vez outras tres presentadas polo Bloque Nacionalista Galego e outras catro do Partido Popular.
xoves, 13 nov 2003
O pleno da corporación municipal, en sesión celebrada hoxe con carácter extraordinario, acordou a aprobación provisional da modificación das ordenanzas fiscais reguladoras das taxas da recollida do lixo e de recepción de residuos na planta de transferencias. A modificación aprobouse cos votos favorables do Partido Socialista, Partido Popular e Democracia Progresista Galega. Votou en contra o BNG.
venres, 7 nov 2003
O pleno da corporación municipal de Vigo aprobou unha resolución presentada polo BNG na que solicitaba a renuncia do alcalde. A proposta obtivo o respaldo de 17 votos – BNG, 7 e PP,10- en contra votaron o PSOE e DPG ( 8 e 2 votos). Pola súa banda o alcalde manifestou que a súa renuncia e a do seu grupo producirase si se presenta unha moción de censura que é o mecanismo que teñen os grupos políticos para poder expulsar do poder a un grupo.
luns, 27 out 2003
O Pleno da Corporación comezou gardando un minuto de silencio pola morte do sarxento de Vigo, Luis Puga Gondar, falecido en Irak a causa das feridas provocadas por un disparo.
venres, 24 out 2003
O luns, 27, a partir das nove da mañá celebrarase sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal, no salón de plenos.