O pleno apoia por unanimidade o plan municipal para combater a violencia contra as mulleres
O plan de acción municipal para combater a violencia contra as mulleres para o período 2004-2007 recibiu o apoio de todos os grupos no pleno do Concello celebrado esta mañá. Non houbo o mesmo acordo con respecto aos informes xurídicos sobre a licencia municipal dun centro comercial na zona da Laxe.
O plan de acción municipal para combater a violencia contra as mulleres para o período 2004-2007 recibiu o apoio de todos os grupos no pleno do Concello celebrado esta mañá. A concelleira de Muller, Lucía Molares, deu conta das actuacións previstas no plan, que pretende afectar a todo o ámbito municipal.
Segundo Lucía Molares, o propósito fundamental deste plan é "tratar que as mulleres víctimas da violencia teñan todo o apoio necesario para poderen reintegrarse". Molares avogou por que o plan para combater a violencia contra as mulleres "implique a todos os cidadáns e todas as cidadás de Vigo", para que "sigamos a ser un dos concellos pioneiros na loita contra esta lacra".
Por outra parte, o grupo municipal do Partido Popular deu conta dos informes xurídicos sobre a licencia municipal para o proxecto e construcción dun centro comercial na zona da Laxe. A este respecto, o concelleiro do PSdeG-PSOE Ventura Pérez Mariño dixo que "a legalidade é fundamental pero non pode superarnos". Pola súa banda, o representante do BNG, Lois Pérez Castrillo dixo que "a ver se nos fan un regalo de Nadal e o centro da Laxe non se fai".
Ademais, o pleno do Concello aprobou unha moción do BNG que insta o goberno municipal a iniciar os estudos e as xestións precisas para converter o edificio da antiga fábrica de Teis nun aparcadoiro público. Así mesmo, de acordo con outra moción do BNG, o pleno acordou que o Concello se dirixa á Zona Franca para que teña en conta a necesidade de contar con servizos de gardería mancomunados que satisfagan as necesidades dos seus traballadores e traballadoras.