Escoitar

Pleno do Concello

Convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE horas do día 27 DE DECEMBRO, para resolve-los asuntos da devandita relación.<br />

xoves, 23 dec 2004
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 22


CONVOCATORIA



ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 27 de DECEMBRO de 2004, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.


1.- Actas anteriores. (Sesións ordinarias 27.09.04 e 25.10.04)

2.- Dar conta do informe xurídico sobre a competencia para a fixación de prezos públicos.

URBANISMO E MEDIO AMBIENTE

3.- Aprobación definitiva do estudo de detalla na parcela núm. 190 da rúa Tomás A. Alonso. Expte. 8451/411.

4.- Dar conta dos informes xurídicos sobre licencia municipal para proxecto e construcción dun centro comercial na zona da Laxe.

XESTIÓN MUNICIPAL

5.- Indemnización substitutoria por imoprte de 30.755,75 € a favor da entidade UTE Movexvial, S.L. Hidroscivil, S.L., en concepto de campaña de publicidade.

ASUNTOS SOCIAIS

6.- Dar conta do segundo plan de acción municipal para combater a violencia contra as mulleres, 2004-2007. Expte. 1802/224.

7.- Aprobación definitiva do Regulamento do Consello Social da Língua Galega.

MOCIÓNS

8.- Moción do grupo municipal do PG sobor da peaxe entre Vigo e Redondela.

9.- Moción do grupo municipal do BNG sobre iniciar estudos e xestións precisas para convertir o edificio da antiga fábrica de pintura de Teis en aparcadoiro público.

10.- Moción do grupo municipal do BNG instando a dirixirse á Zona Franca para que teña en conta a necesidade de contar con servizos de gardería mancomunada.

11.- Moción do grupo municipal do BNG instando a que se fagan as xestións precisas para recuperar pezas do patrimonio histórico de Vigo.

12.- Moción do grupo municipal do BNG sobre construcción de novas beirarrúas dende a Pontenova ata a conexión con Santo Tomé de Freixeiro.



13.- Rogos e preguntas.