Os populares bonecos "Lunnies" actuarán en concerto o próximo luns no pavillón das Travesas
O espectáculo vai dirixido a rapaces de idades comprendidas entre os 12 meses e os oito anos.
Lucía Molares presentou o concerto que os populares bonecos infantís "Os Lunnies" ofrecerán no pavillón das Travesas o luns 27 de decembro. A venta anticipada das entradas, a un prezo de 9 euros, poderá adquirirse no Corte Inglés, entidade colaboradora do evento xunto ao Faro de Vigo e a granxa escola "El kiriko".
O "show dos Lunnies", polo seu contido e calidade está especialmente deseñado para rapaces de idades comprendidas entre os doce meses e os oito anos, bos coñecedores das cancións que se interpretarán, ademáis de ser un público moito máis susceptible de interactuar cos bonecos.
A concelleira Lucía Molares destacou o dinamismo dunha cidade como Vigo que ofrece unha variedade de espectáculos adaptados a tódalas edades. Miguel Ángel Fernández, xerente de Juvesport, entidade encargada da producción do espectáculo, espera unha boa aceptación por parte do público. No caso de superar as 3.500 entradas postas á venta, a organización non tería problema en montar dúas sesións para a tarde do luns.