O Monte da Mina será escenario dunha concentración de skate ata o 2 de xaneiro
Terá lugar no pavillón municipal de Castrelos dende o 27 de decembro para os xiareiros do skateboard, o patinaxe "on line" e a bicicleta acrobática. A entrada será de balde.
A concelleira Lucía Molares presentou hoxe a concentración de skateboard, patinaxe "in line" e bicicleta que terá lugar entre os días 27 de decembro e 2 de xaneiro no pavillón municipal de Castrelos, no Monte da Mina. A concentración consistirá na montaxe dun "skatepark" cuberto e de balde para que tódolos xiareiros deste deporte poidan practicalo.
O obxectivo da actividade é o de achegar o skateboard aos mozos nestas datas, de xeito gratuíto e controlado. O número aproximado de participantes será de 200 ao día, que é o máximo posible nunha instalación deste tipo. O horario de apertura será de 10,30 horas a 14 e de 17 a 21 horas durante cada un dos oito días.
Dentro das actividades previstas na concentración o día 28 terá lugar, no pavillón do Monte da Mina, a presentación do vídeo "Done", no que intervén Dai, un mozo galego afincado en Londres debido á súa afección polo skate, xa que na capital británica conta con numerosos espacios para a práctica deste deporte.
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, destacou que é a primeira vez que se fai unha actividade así en pavillón pechado na cidade. Recordou que as pistas foron construídas este verán tal e como o pediron os afeccionados con motivo da organización dun campionato internacional e que se pretende seguir nesta liña de apoio aos deportistas. A concelleira explicou que esta concentración servirá de proba e de primeiro paso para a construcción dun skatepark pechado e permanente na cidade. Lucía Molares condicionou esta iniciativa á aprobación dos orzamentos e marcouse a data do 2005 para a súa construcción.
Descargar todas as imaxes