Lucía Molares abre o seminario "A concertación social a prol do emprego. Presentación de experiencias no ámbito local"
A concelleira Lucía Molares, abriu hoxe o seminario "A concertación social a prol do emprego. Presentación de experiencias no ámbito local", que se desenvolveu durante a mañá no Centro Social Caixanova. Neste seminario explicouse o proceso de concertación social que se está a perfilar entre os axentes sociais da área de Vigo, a través da súa cooperación no Proxecto Compás.
Lucía Molares, concelleira delegada para o Proxecto Compás, abriu hoxe o seminario "A concertación social a prol do emprego. Presentación de experiencias no ámbito local", que se desenvolveu durante a mañá no Centro Social Caixanova. O acto estaba dirixido aos axentes sociais de Vigo e da súa área de influencia, así como aos representantes das administracións locais.
O seminario tivo por finalidade explicar o proceso de concertación social que se está a perfilar entre os axentes sociais da área de Vigo, a través da súa cooperación no Proxecto Compás. Este proxecto enmárcase na iniciativa Equal do Fondo Social Europeo, dedicada a promover novos métodos de loita contra toda clase de discriminación e desigualdade no acceso ao mercado de traballo.
Así mesmo, o seminario serviu para que representantes dos pactos locais polo emprego de Xixón e Valladolid transmitisen as súas experiencias. Neste sentido, Lucía Molares afirmou que "a futura creación da Área Metropolitana de Vigo é un acicate para formármonos e aprendermos doutras zonas do Estado español".
Lucía Molares aproveitou a ocasión para dar conta dos acordos tomados polos concellos da Mancomunidade de Vigo, os sindicatos CC.OO., CIG e UXT, e a Confederación de Empresarios de Pontevedra en materia de emprego. Así, decidiuse crear unha comisión específica para o emprego e a participación desta na política da Xunta e da futura Área Metropolitana. Tamén se acordou solicitar a participación da Universidade de Vigo nesta comisión. A este respecto, Lucía Molares asegurou que "se desenvolveu un traballo moi positivo nesta área pero temos que seguir sendo ambiciosos".
Descargar todas as imaxes