O Concello invitou a tódolos xornalistas locais a un viño de honra con motivo do Nadal
A alcaldesa animou aos xornalistas a seguir traballando con liberdade, ilusión e compromiso.
O Concello de Vigo invitou hoxe a tódolos compoñentes da prensa local a un viño de honra e un aperitivo nas dependencias da alcaldía con motivo do Nadal. A alcaldesa Corina Porro destacou nun breve discurso o traballo parello da prensa e a política e a importancia da primeira na divulgación ao público dos acordos e o día a día político. Corina Porro animou aos xornalistas a seguir traballando con liberdade, ilusión e compromiso no novo ano que se aproxima ao igual que o fixeron neste que termina.
Descargar todas as imaxes